

EMERXENTES, O FESTIVAL DE INVERNO.
Nace Emerxentes, tres días, doce concertos, con algunhas das propostas galegas e nacionais con máis potencial da actual escena pop. Da música urbana ao tremor post-punk, pasando polo indie rock e sesións DJ, entre o 16 e o 18 febreiro seremos partícipes dunha gran festa da diversidade estilística contemporánea no Monte do Gozo (Santiago de Compostela) con primeiras confirmacións como Lusillón, Lúa Mosquetera e Russ.
Pronto máis información.
ARTISTAS CONFIRMADAS

Lusillón.
O seu é o pop BONITO. Lusillón co seu primeiro disco «Pensando mucho y mal» (Xaneiro, 2023) trae ao presente décadas de dozura, elegancia e retrousos irresistibles. Lucía canta sobre momentos que lle gustaría que se fixesen realidade, cunha cadencia vocal suave e narrativa. Unha canción positiva como “Un vermú conmigo” xa chegou a máis de tres millóns de oíntes.

Lúa Mosquetera.
Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista entre moitas outras cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta de Miño afeita facer dos seus recitais en vivo a escusa ideal para que o seu verbo se torne salvaxe e perigoso.

Russ.
De mente inquieta, Russ é unha maraña de referencias que dialogan entre si e ao mesmo tempo reflicten as súas maiores vivencias: a súa identidade galega, os seus estudos de movemento e ioga e a súa carreira como dj e produtora. Na súa traxectoria pasou por festivais como WOS Festival, Sona Gaifar, Melona Fest, Electrofauna e Observatorio Festival.
LOCALIZACIÓN
