
NÜCA
NÜCA | |
19 de marzo de 2022 | |
22:00 | |
Carballo | |
Casino 1889 | |
Mapa |
Nüca é o proxecto musical en solitario de Pablo Saenz Carballeira, compositor e produtor ferrolán. Arrinca en 2019 cando Pablo decide dar o salto á música electrónica tras pasar por outros estilos como o krautrock ou o postpunk. Na súa propia casa, cun 8 pistas e axudándose de sintetizadores, caixas de ritmos, samples e o seu TR8, grava diversas maquetas, demos e un LiveSet para as súas actuacións e combina na súa música as súas antigas referencias co deep-house, o techno e a música experimental.
Entrada: 4,5€ para soci*s, 5€ público en xeral.
Reserva de entradas: casino1889@gmail.com